Naceu no1936. Iniciouse no atletismo coacarreira de cross. Faleceu o 7 de maio de 2003 na súa vila natal de Rábade.Toda a súa carreira deportiva, estivo vinculada ó San Fernando de Lugo. Foi un dos fundadores da Sociedade Atlética Rabadense.
En 1957.Campión provincial na categoría rural.
Campión provincial absoluto de campo a través, nos anos 1962, 1964 e 1965 en Lugo.
En 1967. Vencedor novamente do provincial de cross, e do trofeo “José Antonio Elola” na vila de Rábade
En 1959. O “ I Campionato de España de Segunda Categoría” celebrado en Madrid, nas pistas da cidade universitaria, o atleta de Rábade, deu ó deporte lucense unha gran alegría ó reflectir un crono de 9 mi 37 sg nos 3000 metros obstáculos, sendo en aquel ano 1959, a quinta mellor marca nacional absoluta do ano.
No Campionato Nacional de Clubs de Segunda Categoría, celebrados en Madrid, os días 1 e 2 de setembro de 1962, triunfou por equipos o San Fernandode Lugo.
Gran xesta de Eduardo Fernández, onde gañou os 3000 metros obstáculos, e foi segundo nos 10.000 metros lisos.
Sorprendente, por inesperada, foi a victoria do San Fernando de Lugo ascendendo a 1ª división.